lunes, 8 de junio de 2020

domingo, 7 de junio de 2020

LUNS, 8 DE XUÑO

Segundo as recomendacións do titorial elaborado sobre este documento, elabora un texto (voluntario) baseado neste texto de Jorge Mira: "O virus voa en bolboreta", La Voz de Galicia, 07-06-2020.

miércoles, 3 de junio de 2020

XOVES, 4 XUÑO: TEXTO

Redacción (voluntaria), sobre o tema tratado neste texto: Transferencias: mulleres «pneumáticas», La Voz de Galicia, 03-06-2020.

Como facelo? Seguide as recomendacións do titorial elaborado sobre este documento


lunes, 1 de junio de 2020

MARTES, 2X: CONTINUACIÓN

Ola a todos.

Continuade o traballo de onte. Despois proporei textos para redactar. A entrega será voluntaria.

Ata logo.

domingo, 31 de mayo de 2020

LUNS, 1X: TIPOS DE TEXTOS. A REDACCIÓN.

Bos días.


TEXTO
INTENCIÓN COMUNICATIVA
Narrativo
Contar, narrar.
Descritivo
Describir seres, obxectos, lugares, etc.
Preditivo
Adiantar previsións do que vai pasar.
Explicativo/Expositivo
Explicar ou expoñer algo.
Instrutivo
Dar instrucións e consellos.
Argumentativo
Argumentar a favor ou en contra de algo.


Despois de ver o titorial (foi feito para 1º ESO, pero tamén vale para vosoutros, pois foi elaborado sobre este documento) podes contestar estas preguntas?
  1. Que fases hai que ter en conta á hora de redactar un texto?
  2. Podes explicar que tres procedementos existen para buscar ideas (inventio)?
  3. Como podes planificar un texto (dispositio)?
  4. Que tes que ter en conta na redacción-exposición (elocutio)?
  5. Un texto estrutúrase en tres partes. Cales son?
  6. Que estratexias existen para elaborar unha introdución? Explícaas.
  7. Como ten que ser o desenvolvemento?
  8. Que estratexias existen para elaborar unha conclusión? Explícaas.
  9. Para que serven os conectores?
  10. Cres que son necesarios os conectores? Por que?

martes, 26 de mayo de 2020

XOVES, 28M

Oín dicir que tiñades bastante traballo. Como isto "non escapa", hoxe xoves seguides coa tarefa do martes.

lunes, 25 de mayo de 2020

MARTES 26 MAIO. TEXTO: PROPIEDADES TEXTUAIS E CONECTORES. TIPOS DE TEXTOS.

Bos días.

Le atentamente este documento (Propiedades Textuais e Conectores) e contesta as seguintes cuestións:

  1. Cales son as propiedades textuais?
  2. A que fai referencia cada unha delas?
  3. Que son os conectores? Para que serven?
  4. No documento aparecen 17 tipos de conectores divididos en dous grupos. Achega un exemplo de cada un.

O próximo día veremos os tipos de textos.

Ata o xoves.