domingo, 24 de mayo de 2020

LUNS, 25 MAIO: ERROS FRECUENTES

Bos días.


Hoxe é o último día para corrixir "Erros frecuentes" (solución en entradas anteriores). Mañá comezaremos con textos.

Ata logo.

miércoles, 20 de mayo de 2020

XOVES, 21 MAIO: ERROS FRECUENTES

Ola a todos.

Aquí tedes os dous solucionarios de "Erros frecuentes Morfoloxía". É bastante traballo, así que é mellor que o repartades en dous días: xoves e luns. 

Xoves: Erros frecuentes Morfoloxía I (Dura 15 min. aproximadamente).
Luns: Erros frecuentes Morfoloxía II (Dura 10 min. aproximadamente).

Supoño que corrixir estas actividades -se o facedes ben, con calma- vos levará tempo. Se tedes dúbidas, preguntádeme.

Ata o luns. Vémonos na videoconferencia.

lunes, 18 de mayo de 2020

MARTES 19 MAIO: ERROS FRECUENTES

Bos días.

Hoxe, rematade "Erros frecuentes: Morfoloxía": Da cuestión 21 á final (páx. 3 do documento).

O xoves, solucionario.

Ata logo.

LUNS 18 MAIO, 2ª PARTE: LECTURAS


Ola de novo.


Como sabedes, debido á carga de traballo que tedes, o libro de lectura será voluntario e servirá para subir nota.

Nunha entrada anterior recomendeivos dúas bibliotecas virtuais: GaliciaLe e Bivir. 


Voume centrar na segunda, Bivir, da asociación de tradutores galegos. Ide á pestana superior a "Bivir", logo a "Catálogo de Obras" e podedes seleccionar por tradutor (non interesa), ou por título, autor (é o que interesa). Non todas as obras son adaptadas á vosa idade; se escolledes algunha, preguntádeme antes se é adecuada.

Recoméndovos algunhas posibilidades, por autor, que podedes descargar en Bivir:
  • Andersen, Hans Christian (varios).
  • Balzac, Honoré de: O coronel Chaubert. Para lectores avanzados.
  • Irving, Washington: A lenda de Sleepy Hollow.
  • Kipling, Rudyard: O libro da selva.
  • Poe (varios)
  • Twain, Mark (varios).
  • Verne, Jules: A illa misteriosa.

Hai máis obras interesantes, pero son máis longas. Por suposto, se tedes un libro na casa que queirades ler, vale perfectamente. Iso si: O libro ten que estar escrito en galego ou traducido ao galego.

Ata logo.

domingo, 17 de mayo de 2020

LUNS 18 MAIO, 1ª PARTE: ERROS FRECUENTES

Bos días.

Hoxe, continuade con "Erros frecuentes: Morfoloxía": Da cuestión 12 á 20 (páx. 3 do documento).

Mañá rematamos. Logo vemos solucións e pasamos aos textos.

Hoxe temos videoconferencia ás 12.30. Vémonos.

miércoles, 13 de mayo de 2020

XOVES 14 MAIO: ERROS FRECUENTES.

Bos días.

Hoxe:

  1. "Erros frecuentes: Ortografía". Aquí tedes as solucións
  2. "Erros frecuentes: Morfoloxía": As 11 primeiras (páx. 3 do documento).
O luns continuaremos con esta cuestión e xa estaremos preparados para pasar a textos.


Ata logo.

lunes, 11 de mayo de 2020

MARTES, 12 MAIO: ERROS FRECUENTES.

Bos días.


Rematade o cuestionario "Erros frecuentes I: Ortografía". O próximo día paso o solucionario.


Cando rematemos cos "erros frecuentes", estaredes preparados para evitar as faltas de ortografía e de expresión nas redaccións. Continuaremos con:

1. Textos. Logo de ver os conectores, entraremos nos textos. Segundo a intención comunicativa, temos os seguintes tipos:


TEXTO
INTENCIÓN COMUNICATIVA
Narrativo
Contar, narrar.
Descritivo
Describir seres, obxectos, lugares, etc.
Preditivo
Adiantar previsións do que vai pasar.
Explicativo/Expositivo
Explicar ou expoñer algo.
Instrutivo
Dar instrucións e consellos.
Argumentativo
Argumentar a favor ou en contra de algo.


Centrarémonos no texto expositivo e no texto argumentativo. No voso libro:
  • O comentario crítico, páx. 56, unidade 2.
  • O texto argumentativo, páx. 162, unidade 7.

2. Estudo da lingua. Faremos actividades de Sintaxe (unid. 3 a 10) e de Semántica (unid. 11-12).

Ata logo.