Ola de novo.
Como sabedes, debido á carga de traballo que tedes, o libro de lectura será voluntario e servirá para subir nota.
Voume centrar na segunda, Bivir, da asociación de tradutores galegos. Ide á pestana superior a "Bivir", logo a "Catálogo de Obras" e podedes seleccionar por tradutor (non interesa), ou por título, autor (é o que interesa). Non todas as obras son adaptadas á vosa idade; se escolledes algunha, preguntádeme antes se é adecuada.
Recoméndovos algunhas posibilidades, por autor, que podedes descargar en Bivir:
- Andersen, Hans Christian (varios).
- Balzac, Honoré de: O coronel Chaubert. Para lectores avanzados.
- Irving, Washington: A lenda de Sleepy Hollow.
- Kipling, Rudyard: O libro da selva.
- Poe (varios)
- Twain, Mark (varios).
- Verne, Jules: A illa misteriosa.
Hai máis obras interesantes, pero son máis longas. Por suposto, se tedes un libro na casa que queirades ler, vale perfectamente. Iso si: O libro ten que estar escrito en galego ou traducido ao galego.
Ata logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario