domingo, 3 de mayo de 2020

LUNS 4 MAIO. REPASO DE LINGUA: PERÍFRASES VERBAIS, ADVERBIOS E PREPOSICIÓNS.

Bos días.

Perífrases verbais. Corrección das actividades da unid. 10, páx. 249, nesta ubicación.

Adverbios e preposicións (unidade 11, páx. 272). Tedes que facer as actividades 4 (só hai que identificar, non é necesario clasificar), 5, 6 e 7. Mirade as indicacións que achego a continuación.

Como recoñecemos un adverbio/locución adverbial
Porque modifica ou complementa a un verbo, a un adxectivo, a un adverbio ou a unha oración completa:
  • A un verbo: Chegou tarde.
  • A un adxectivo: É moi interesante.
  • A outro adverbio: Queda moi lonxe.
  • A unha oración enteira: Sinceramente, non hai ningunha posibilidade.

Como recoñecemos unha preposición/locución preposicional
Porque forma parte dun sintagma preposicional, no que hai:
  • Un enlace (a preposición / locución preposicional) e
  • Un termo (un sintagma nominal ou similares: substantivo, infinitivo, or. subordinada substantiva).
Noutras palabras, unha preposición vai antes dun sintagma nominal, dun substantivo,  dun infinitivo ou dunha or. subordinada substantiva.

Diferenza perante / ante. Perante significa "en presenza de". Ante non ten este matiz.

Diferenza deica / ata. O uso de deica é máis restrinxido que o de ata. Indica "de aquí –tempo 
ou lugar- ata..." (expresa o límite no espazo ou no tempo a partir dun punto de orixe dado):
Marcho e non volvo deica luns. Sería incorrecto: *Comeu deica rebentar.

Entra na imaxe para agrandala.

Se tedes dúbidas, preguntádeme. Ás 12.30, videoconferencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario