Bos días.
Adverbios e preposicións (unidade 11, páx. 272). Corrección das actividades 4 (só hai que identificar, non é necesario clasificar), 5, 6 e 7.
4. Identifica os adverbios: sempre (Cando chega?), alí (Onde chega?), hoxe (Cando subira?), agora (Cando estaba?, alí (Onde permanece?), logo (Cando abre?), abaixo.
- Problema con "camiña polos corredores adiante"? Verbo + SP (CC) + adverbio (CC). Podedes cambiar "adiante" por "rapidamente", outro adverbio. Non é necesario que teña o mesmo significado: se aí "entra" un adverbio (conmutar é cambiar unha palabra por outra da mesma categoría), aí ten qe haber un adverbio.
- Problema con "salta do tren abaixo"? Verbo + SP (CC) + adverbio (CC). Igual que o anterior.
- Cuidado con estas preposicións/locucións preposicionais: diante dun vagón (diante de, Enlace + un vagón, Termo: Substantivo); durante un bo anaco (E + T: substantivo); onda a xanela (E + T: substantivo).
5. Identifica as preposicións. Están subliñadas; observade que en todos os casos forman parte dun SP, con E (preposición) + T (SN: marco en cursiva): Polos (por + os) camiños, de Cangas, do (de+o) vento, nos (en + os) areales, de Cangas, de noite, do (de + o) mar, de Cangas, sobre Cangas, de medo, baixo os tellados de Cangas, de auga,6. Perante (en presenza de) / durante: Durante todo o mes. Perante o público. Durante os próximos. Perante o xuíz durante unha hora.7. Deica / Ata. O uso de deica é máis restrinxido que o de ata. Deica implica desde un punto determinado (aquí/agora) a outro (no espazo ou no tempo): deica/ata mañá (agora/mañá); ata que non poidas; ata as doce (non hai un "agora"); ata eu o sei; deica vérmonos (agora/vérmonos).
Grupos consonánticos CC, CT. Unidade 12, páx. 296.
Atención ás seguintes secuencias: I/U + CC/CT (ICC, UCC, ICT, UCT). Suprímese o C cando vai precedido das vogais i, u: conflito, estrutura, vitoria,
vítima...
Excepcións: adicción,
adicto, convicción, convicto, deíctico, dicción, dúctil, ductilidade, edicto,
ficción, ficticio, fricción, friccionar,
ictericia, invicto, micción, pictórico, succión, succionar, veredicto e
algunhas palabras máis, de linguaxes especializadas, infrecuentes na fala.
Isto non afecta ás vogais A/E/O + CC/CT: Acción, Actor, sEcción, sEctor, cOcción...
Actividades para o xoves 7 de maio: 1, 2, 3, 4, 5, páx. 296 (mirade as excepcións anteriores). Se non, https://academia.gal/dicionario.
Grupos consonánticos BL/BR, CL/CR, FL/FR, PL/PR.
Normalmente mantense a forma con L nas palabras que manteñen a forma culta (similar á latina), e a forma con R nas patrimoniais (aquelas que sufriron a evolución e o desgaste desde o latín ao galego). P.e. cravar vén do latín CLAVARE: sufriu a evolución; oclusión mantén o grupo latino CL (vén de OCCLUSIO). Poño enlace ao dicionario da RAE, porque no da RAG non figura o étimo.
Actividades para o xoves 7 de maio: 6, 7, páx. 296.
Con isto rematamos o bloque de "Repaso de Lingua". O xoves corrixiremos as actividades da páx. 296 e o luns comezaremos con outro bloque.
Ata logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario