domingo, 31 de mayo de 2020

LUNS, 1X: TIPOS DE TEXTOS. A REDACCIÓN.

Bos días.


TEXTO
INTENCIÓN COMUNICATIVA
Narrativo
Contar, narrar.
Descritivo
Describir seres, obxectos, lugares, etc.
Preditivo
Adiantar previsións do que vai pasar.
Explicativo/Expositivo
Explicar ou expoñer algo.
Instrutivo
Dar instrucións e consellos.
Argumentativo
Argumentar a favor ou en contra de algo.


Despois de ver o titorial (foi feito para 1º ESO, pero tamén vale para vosoutros, pois foi elaborado sobre este documento) podes contestar estas preguntas?
  1. Que fases hai que ter en conta á hora de redactar un texto?
  2. Podes explicar que tres procedementos existen para buscar ideas (inventio)?
  3. Como podes planificar un texto (dispositio)?
  4. Que tes que ter en conta na redacción-exposición (elocutio)?
  5. Un texto estrutúrase en tres partes. Cales son?
  6. Que estratexias existen para elaborar unha introdución? Explícaas.
  7. Como ten que ser o desenvolvemento?
  8. Que estratexias existen para elaborar unha conclusión? Explícaas.
  9. Para que serven os conectores?
  10. Cres que son necesarios os conectores? Por que?

martes, 26 de mayo de 2020

XOVES, 28M

Oín dicir que tiñades bastante traballo. Como isto "non escapa", hoxe xoves seguides coa tarefa do martes.

lunes, 25 de mayo de 2020

MARTES 26 MAIO. TEXTO: PROPIEDADES TEXTUAIS E CONECTORES. TIPOS DE TEXTOS.

Bos días.

Le atentamente este documento (Propiedades Textuais e Conectores) e contesta as seguintes cuestións:

  1. Cales son as propiedades textuais?
  2. A que fai referencia cada unha delas?
  3. Que son os conectores? Para que serven?
  4. No documento aparecen 17 tipos de conectores divididos en dous grupos. Achega un exemplo de cada un.

O próximo día veremos os tipos de textos.

Ata o xoves.

domingo, 24 de mayo de 2020

LUNS, 25 MAIO: ERROS FRECUENTES

Bos días.


Hoxe é o último día para corrixir "Erros frecuentes" (solución en entradas anteriores). Mañá comezaremos con textos.

Ata logo.

miércoles, 20 de mayo de 2020

XOVES, 21 MAIO: ERROS FRECUENTES

Ola a todos.

Aquí tedes os dous solucionarios de "Erros frecuentes Morfoloxía". É bastante traballo, así que é mellor que o repartades en dous días: xoves e luns. 

Xoves: Erros frecuentes Morfoloxía I (Dura 15 min. aproximadamente).
Luns: Erros frecuentes Morfoloxía II (Dura 10 min. aproximadamente).

Supoño que corrixir estas actividades -se o facedes ben, con calma- vos levará tempo. Se tedes dúbidas, preguntádeme.

Ata o luns. Vémonos na videoconferencia.

lunes, 18 de mayo de 2020

MARTES 19 MAIO: ERROS FRECUENTES

Bos días.

Hoxe, rematade "Erros frecuentes: Morfoloxía": Da cuestión 21 á final (páx. 3 do documento).

O xoves, solucionario.

Ata logo.

LUNS 18 MAIO, 2ª PARTE: LECTURAS


Ola de novo.


Como sabedes, debido á carga de traballo que tedes, o libro de lectura será voluntario e servirá para subir nota.

Nunha entrada anterior recomendeivos dúas bibliotecas virtuais: GaliciaLe e Bivir. 


Voume centrar na segunda, Bivir, da asociación de tradutores galegos. Ide á pestana superior a "Bivir", logo a "Catálogo de Obras" e podedes seleccionar por tradutor (non interesa), ou por título, autor (é o que interesa). Non todas as obras son adaptadas á vosa idade; se escolledes algunha, preguntádeme antes se é adecuada.

Recoméndovos algunhas posibilidades, por autor, que podedes descargar en Bivir:
  • Andersen, Hans Christian (varios).
  • Balzac, Honoré de: O coronel Chaubert. Para lectores avanzados.
  • Irving, Washington: A lenda de Sleepy Hollow.
  • Kipling, Rudyard: O libro da selva.
  • Poe (varios)
  • Twain, Mark (varios).
  • Verne, Jules: A illa misteriosa.

Hai máis obras interesantes, pero son máis longas. Por suposto, se tedes un libro na casa que queirades ler, vale perfectamente. Iso si: O libro ten que estar escrito en galego ou traducido ao galego.

Ata logo.