lunes, 11 de mayo de 2020

ERROS FRECUENTES I: ORTOGRAFÍA

Bos días.

Esta semana intentaremos evitar erros frecuentes na expresión escrita, antes de comezar cos textos. Para iso, tedes que contestar este cuestionario: "Erros frecuentes I: Ortografía". Coma sempre, podedes descargalo neste enlace ou ir á aula virtual, onde está en formato editable para aqueles que prefiran contestar as cuestións co ordenador. Contestade hoxe as 17 primeiras preguntas (son curtas). Importante:
  • As que non saibades, deixádeas en branco. 
  • Se vos equivocades, non borredes. Pasade unha liña por encima e corrixide.
En ambos casos, recomendo que marquedes cun rotulador ou como prefirades. Só así saberedes o que tedes que repasar.

Mañá dareivos as solucións e continuaredes coas seguintes (ata 33).

Ata logo.

jueves, 7 de mayo de 2020

NOTAS 1ª-2ª

Se queredes ver as vosas notas da 1ª e 2ª avaliación, podedes entrar na vosa aula virtual.

  • Os alumnos que teñen aprobadas estas avaliacións, poderían subir nota para a FINAL co traballo que estamos facendo neste terceiro trimestre.
  • Os alumnos que teñen suspensas a 1ª e a 2ª deben recuperalas neste terceiro trimestre.
  • Os alumnos coa materia pendente de 3º ESO poderán recuperar a parte pendente (só se examinarían de contidos de 3ª ESO referentes á 1ª e 2ª avaliación).

martes, 5 de mayo de 2020

XOVES 7 MAIO. REPASO DE ORTOGRAFÍA (GRUPOS CONSONÁNTICOS)

Bos días.

Grupos consonánticos CC, CT. Unidade 12, páx. 296. 

Actividades (solución): 1, 2, 3, 4, 5, páx. 296.

1. Completa con C/CC: 

ficción
situación
infección
obxección
tradución
aproximación
ficticio

infectar
obxector
tradutor

Excepción






contradición
afección
occidental
ambición
dicción
interxección
contraditorio
afectar


ditado





Excepción


Observade: En xeral, hai que mirar se reducen CC, CT noutras palabras da familia léxica. Excepcións: ficción/ficticio; dicción/ditado. Soaría moi raro *fición, *fiticio…


2. T/CT: conflito, obxecto, vítima, ditado, vitoria, olfacto, contraditorio, exacto, condutor.

3.Completa: Reacción-reactor, corrección-corrector, perfección-perfecto, instrución-instrutor, introdución-introdutor, discreción-discreto, edición-editor, produción-produtor, contrución-construtor, estupefacción-estupefacto, proxección-proxector.

4. Palabra correcta: veredicto, respecto, colección, obxecto, condución, ditado.

5. Escribe...: succión, creación, condución, corrección, substracción, protección, atracción, redución, elección, edición.

Grupos consonánticos BL/BR, CL/CR, FL/FR, PL/PR.

6. L/R: cravar, recruta, crime, branco, enclave, claridade, oclusión, declive, frecha, clima, exclamar, proclamar, clemencia, exemplo, frouxo. Subliño aquelas que son diferentes en galego e castelán.

7. L/R: prazo, escravo, pracer, nobre, cumprir, dobre, praga, frauta.

Con isto rematamos o bloque de "Repaso de Lingua". A semana que vén comezaremos con outro bloque.

Ata logo.

lunes, 4 de mayo de 2020

MARTES 5 MAIO. REPASO DE LINGUA (ADVERBIOS/PREPOSICIÓNS) E DE ORTOGRAFÍA (GRUPOS CONSONÁNTICOS)

Bos días.


Adverbios e preposicións (unidade 11, páx. 272). Corrección das actividades 4 (só hai que identificar, non é necesario clasificar), 5, 6 e 7.  

4. Identifica os adverbios: sempre (Cando chega?), alí (Onde chega?), hoxe (Cando subira?), agora (Cando estaba?, alí (Onde permanece?), logo (Cando abre?), abaixo.
  • Problema con "camiña polos corredores adiante"? Verbo + SP (CC) + adverbio (CC). Podedes cambiar "adiante" por "rapidamente", outro adverbio. Non é necesario que teña o mesmo significado: se aí "entra" un adverbio (conmutar é cambiar unha palabra por outra da mesma categoría), aí ten qe haber un adverbio.
  • Problema con "salta do tren abaixo"? Verbo + SP (CC) + adverbio (CC). Igual que o anterior.
  • Cuidado con estas preposicións/locucións preposicionais: diante dun vagón (diante de, Enlace + un vagón, Termo: Substantivo); durante un bo anaco (E + T: substantivo); onda a xanela (E + T: substantivo).
5. Identifica as preposicións. Están subliñadas; observade que en todos os casos forman parte dun SP, con E (preposición) + T (SN: marco en cursiva): Polos (por + os) camiños, de Cangas, do (de+o) vento, nos (en + os) areales, de Cangas, de noite, do (de + o) mar, de Cangas, sobre Cangas, de medo, baixo os tellados de Cangas, de auga,  
6. Perante (en presenza de) / durante: Durante todo o mes. Perante o público. Durante os próximos. Perante o xuíz durante unha hora.
7. Deica / Ata. O uso de deica é máis restrinxido que o de ata. Deica implica desde un punto determinado (aquí/agora) a outro (no espazo ou no tempo): deica/ata mañá (agora/mañá); ata que non poidas; ata as doce (non hai un "agora"); ata eu o sei; deica vérmonos (agora/vérmonos).

Grupos consonánticos CC, CT. Unidade 12, páx. 296. 


Atención ás seguintes secuencias: I/U + CC/CT (ICC, UCC, ICT, UCT). Suprímese o C cando vai precedido das vogais i, u: conflito, estrutura, vitoria, vítima...

Excepcións: adicción, adicto, convicción, convicto, deíctico, dicción, dúctil, ductilidade, edicto, ficción, ficticio, fricción, friccionar, ictericia, invicto, micción, pictórico, succión, succionar, veredicto e algunhas palabras máis, de linguaxes especializadas, infrecuentes na fala.


Isto non afecta ás vogais A/E/O + CC/CT: Acción, Actor, sEcción, sEctor, cOcción...

Actividades para o xoves 7 de maio: 1, 2, 3, 4, 5, páx. 296 (mirade as excepcións anteriores). Se non, https://academia.gal/dicionario.

Grupos consonánticos BL/BR, CL/CR, FL/FR, PL/PR.

Normalmente mantense a forma con L nas palabras que manteñen a forma culta (similar á latina), e a forma con R nas patrimoniais (aquelas que sufriron a evolución e o desgaste desde o latín ao galego). P.e. cravar vén do latín CLAVARE: sufriu a evolución; oclusión mantén o grupo latino CL (vén de OCCLUSIO). Poño enlace ao dicionario da RAE, porque no da RAG non figura o étimo.

Actividades para o xoves 7 de maio: 6, 7, páx. 296.

Con isto rematamos o bloque de "Repaso de Lingua". O xoves corrixiremos as actividades da páx. 296 e o luns comezaremos con outro bloque.

Ata logo.

domingo, 3 de mayo de 2020

LUNS 4 MAIO. REPASO DE LINGUA: PERÍFRASES VERBAIS, ADVERBIOS E PREPOSICIÓNS.

Bos días.

Perífrases verbais. Corrección das actividades da unid. 10, páx. 249, nesta ubicación.

Adverbios e preposicións (unidade 11, páx. 272). Tedes que facer as actividades 4 (só hai que identificar, non é necesario clasificar), 5, 6 e 7. Mirade as indicacións que achego a continuación.

Como recoñecemos un adverbio/locución adverbial
Porque modifica ou complementa a un verbo, a un adxectivo, a un adverbio ou a unha oración completa:
  • A un verbo: Chegou tarde.
  • A un adxectivo: É moi interesante.
  • A outro adverbio: Queda moi lonxe.
  • A unha oración enteira: Sinceramente, non hai ningunha posibilidade.

Como recoñecemos unha preposición/locución preposicional
Porque forma parte dun sintagma preposicional, no que hai:
  • Un enlace (a preposición / locución preposicional) e
  • Un termo (un sintagma nominal ou similares: substantivo, infinitivo, or. subordinada substantiva).
Noutras palabras, unha preposición vai antes dun sintagma nominal, dun substantivo,  dun infinitivo ou dunha or. subordinada substantiva.

Diferenza perante / ante. Perante significa "en presenza de". Ante non ten este matiz.

Diferenza deica / ata. O uso de deica é máis restrinxido que o de ata. Indica "de aquí –tempo 
ou lugar- ata..." (expresa o límite no espazo ou no tempo a partir dun punto de orixe dado):
Marcho e non volvo deica luns. Sería incorrecto: *Comeu deica rebentar.

Entra na imaxe para agrandala.

Se tedes dúbidas, preguntádeme. Ás 12.30, videoconferencia.


miércoles, 29 de abril de 2020

XOVES 30A. REPASO DE LINGUA: PERÍFRASES VERBAIS

Bos días.

As perífrases verbais. Entrade neste enlace, onde explico as perífrases verbais sobre este documento base, que tamén tedes na aula virtual (sección "Repaso de Lingua").

Unha vez visto o titorial, facede as actividades 1 e 2 da páx. 249.

Se tedes dúbidas, consultádeme.

Ata a semana que vén.

lunes, 27 de abril de 2020

MARTES 28A. REPASO DE LINGUA: INFINITIVO CONXUGADO

Bos días.

Infinitivo conxugado: Corrección das actividades 1, 2, 3, 4 da páx. 221 neste enlace

Os que non teñen claro o uso do infinitivo conxugado, deben entrar neste titorial ou preguntarme de novo.

Voluntario, para aqueles que queiran practicar máis: Deixo máis actividades sobre o infinitivo conxugado (con solución) neste enlace: Facede só o exercicio 0, adicado a esta cuestión.

Deixamos para o xoves as perífrases verbais.

Ata logo.