lunes, 8 de junio de 2020
MARTES, 9 XUÑO: DEFENSA ORAL DO CADERNO DE TRABALLO
Tedes na aula virtual o documento coas cuestións que poden entrar na defensa oral. Observade que o cuestionario segue a orde deste "Caderno de Traballo". As indicacións, na páx. 1.
domingo, 7 de junio de 2020
LUNS, 8 DE XUÑO
Segundo as recomendacións do titorial elaborado sobre este documento, elabora un texto (voluntario) baseado neste texto de Jorge Mira: "O virus voa en bolboreta", La Voz de Galicia, 07-06-2020.
miércoles, 3 de junio de 2020
XOVES, 4 XUÑO: TEXTO
Redacción (voluntaria), sobre o tema tratado neste texto: Transferencias: mulleres «pneumáticas», La Voz de Galicia, 03-06-2020.
Como facelo? Seguide as recomendacións do titorial elaborado sobre este documento.
Como facelo? Seguide as recomendacións do titorial elaborado sobre este documento.
lunes, 1 de junio de 2020
MARTES, 2X: CONTINUACIÓN
Ola a todos.
Continuade o traballo de onte. Despois proporei textos para redactar. A entrega será voluntaria.
Ata logo.
Continuade o traballo de onte. Despois proporei textos para redactar. A entrega será voluntaria.
Ata logo.
domingo, 31 de mayo de 2020
LUNS, 1X: TIPOS DE TEXTOS. A REDACCIÓN.
Bos días.
Despois de ver o titorial (foi feito para 1º ESO, pero tamén vale para vosoutros, pois foi elaborado sobre este documento) podes contestar estas preguntas?
TEXTO
|
INTENCIÓN COMUNICATIVA
|
Narrativo
|
Contar, narrar.
|
Descritivo
|
Describir seres, obxectos, lugares, etc.
|
Preditivo
|
Adiantar previsións do que vai pasar.
|
Explicativo/Expositivo
|
Explicar ou expoñer algo.
|
Instrutivo
|
Dar instrucións e consellos.
|
Argumentativo
|
Argumentar a favor ou en contra de algo.
|
- Que fases hai que ter en conta á hora de redactar un texto?
- Podes explicar que tres procedementos existen para buscar ideas (inventio)?
- Como podes planificar un texto (dispositio)?
- Que tes que ter en conta na redacción-exposición (elocutio)?
- Un texto estrutúrase en tres partes. Cales son?
- Que estratexias existen para elaborar unha introdución? Explícaas.
- Como ten que ser o desenvolvemento?
- Que estratexias existen para elaborar unha conclusión? Explícaas.
- Para que serven os conectores?
- Cres que son necesarios os conectores? Por que?
martes, 26 de mayo de 2020
XOVES, 28M
Oín dicir que tiñades bastante traballo. Como isto "non escapa", hoxe xoves seguides coa tarefa do martes.
lunes, 25 de mayo de 2020
MARTES 26 MAIO. TEXTO: PROPIEDADES TEXTUAIS E CONECTORES. TIPOS DE TEXTOS.
Bos días.
Le atentamente este documento (Propiedades Textuais e Conectores) e contesta as seguintes cuestións:
O próximo día veremos os tipos de textos.
Ata o xoves.
Le atentamente este documento (Propiedades Textuais e Conectores) e contesta as seguintes cuestións:
- Cales son as propiedades textuais?
- A que fai referencia cada unha delas?
- Que son os conectores? Para que serven?
- No documento aparecen 17 tipos de conectores divididos en dous grupos. Achega un exemplo de cada un.
O próximo día veremos os tipos de textos.
Ata o xoves.
domingo, 24 de mayo de 2020
LUNS, 25 MAIO: ERROS FRECUENTES
Bos días.
Ata logo.
Hoxe é o último día para corrixir "Erros frecuentes" (solución en entradas anteriores). Mañá comezaremos con textos.
Ata logo.
miércoles, 20 de mayo de 2020
XOVES, 21 MAIO: ERROS FRECUENTES
Ola a todos.
Aquí tedes os dous solucionarios de "Erros frecuentes Morfoloxía". É bastante traballo, así que é mellor que o repartades en dous días: xoves e luns.
Xoves: Erros frecuentes Morfoloxía I (Dura 15 min. aproximadamente).
Luns: Erros frecuentes Morfoloxía II (Dura 10 min. aproximadamente).
Supoño que corrixir estas actividades -se o facedes ben, con calma- vos levará tempo. Se tedes dúbidas, preguntádeme.
Ata o luns. Vémonos na videoconferencia.
Ata o luns. Vémonos na videoconferencia.
lunes, 18 de mayo de 2020
MARTES 19 MAIO: ERROS FRECUENTES
Bos días.
Hoxe, rematade "Erros frecuentes: Morfoloxía": Da cuestión 21 á final (páx. 3 do documento).
Hoxe, rematade "Erros frecuentes: Morfoloxía": Da cuestión 21 á final (páx. 3 do documento).
O xoves, solucionario.
Ata logo.
LUNS 18 MAIO, 2ª PARTE: LECTURAS
Ola de novo.
Como sabedes, debido á carga de traballo que tedes, o libro de lectura será voluntario e servirá para subir nota.
Voume centrar na segunda, Bivir, da asociación de tradutores galegos. Ide á pestana superior a "Bivir", logo a "Catálogo de Obras" e podedes seleccionar por tradutor (non interesa), ou por título, autor (é o que interesa). Non todas as obras son adaptadas á vosa idade; se escolledes algunha, preguntádeme antes se é adecuada.
Recoméndovos algunhas posibilidades, por autor, que podedes descargar en Bivir:
- Andersen, Hans Christian (varios).
- Balzac, Honoré de: O coronel Chaubert. Para lectores avanzados.
- Irving, Washington: A lenda de Sleepy Hollow.
- Kipling, Rudyard: O libro da selva.
- Poe (varios)
- Twain, Mark (varios).
- Verne, Jules: A illa misteriosa.
Hai máis obras interesantes, pero son máis longas. Por suposto, se tedes un libro na casa que queirades ler, vale perfectamente. Iso si: O libro ten que estar escrito en galego ou traducido ao galego.
Ata logo.
domingo, 17 de mayo de 2020
LUNS 18 MAIO, 1ª PARTE: ERROS FRECUENTES
Bos días.
Hoxe, continuade con "Erros frecuentes: Morfoloxía": Da cuestión 12 á 20 (páx. 3 do documento).
Hoxe, continuade con "Erros frecuentes: Morfoloxía": Da cuestión 12 á 20 (páx. 3 do documento).
Mañá rematamos. Logo vemos solucións e pasamos aos textos.
Hoxe temos videoconferencia ás 12.30. Vémonos.
miércoles, 13 de mayo de 2020
XOVES 14 MAIO: ERROS FRECUENTES.
Bos días.
Hoxe:
Hoxe:
- "Erros frecuentes: Ortografía". Aquí tedes as solucións.
- "Erros frecuentes: Morfoloxía": As 11 primeiras (páx. 3 do documento).
O luns continuaremos con esta cuestión e xa estaremos preparados para pasar a textos.
Ata logo.
lunes, 11 de mayo de 2020
MARTES, 12 MAIO: ERROS FRECUENTES.
Bos días.
Cando rematemos cos "erros frecuentes", estaredes preparados para evitar as faltas de ortografía e de expresión nas redaccións. Continuaremos con:
1. Textos. Logo de ver os conectores, entraremos nos textos. Segundo a intención comunicativa, temos os seguintes tipos:
Centrarémonos no texto expositivo e no texto argumentativo. No voso libro:
2. Estudo da lingua. Faremos actividades de Sintaxe (unid. 3 a 10) e de Semántica (unid. 11-12).
Ata logo.
Rematade o cuestionario "Erros frecuentes I: Ortografía". O próximo día paso o solucionario.
Cando rematemos cos "erros frecuentes", estaredes preparados para evitar as faltas de ortografía e de expresión nas redaccións. Continuaremos con:
1. Textos. Logo de ver os conectores, entraremos nos textos. Segundo a intención comunicativa, temos os seguintes tipos:
TEXTO
|
INTENCIÓN COMUNICATIVA
|
Narrativo
|
Contar, narrar.
|
Descritivo
|
Describir seres, obxectos,
lugares, etc.
|
Preditivo
|
Adiantar previsións do que
vai pasar.
|
Explicativo/Expositivo
|
Explicar ou expoñer algo.
|
Instrutivo
|
Dar instrucións e
consellos.
|
Argumentativo
|
Argumentar a favor ou en
contra de algo.
|
Centrarémonos no texto expositivo e no texto argumentativo. No voso libro:
- O comentario crítico, páx. 56, unidade 2.
- O texto argumentativo, páx. 162, unidade 7.
Ata logo.
ERROS FRECUENTES I: ORTOGRAFÍA
Bos días.
Esta semana intentaremos evitar erros frecuentes na expresión escrita, antes de comezar cos textos. Para iso, tedes que contestar este cuestionario: "Erros frecuentes I: Ortografía". Coma sempre, podedes descargalo neste enlace ou ir á aula virtual, onde está en formato editable para aqueles que prefiran contestar as cuestións co ordenador. Contestade hoxe as 17 primeiras preguntas (son curtas). Importante:
- As que non saibades, deixádeas en branco.
- Se vos equivocades, non borredes. Pasade unha liña por encima e corrixide.
En ambos casos, recomendo que marquedes cun rotulador ou como prefirades. Só así saberedes o que tedes que repasar.
Mañá dareivos as solucións e continuaredes coas seguintes (ata 33).
Ata logo.
jueves, 7 de mayo de 2020
NOTAS 1ª-2ª
Se queredes ver as vosas notas da 1ª e 2ª avaliación, podedes entrar na vosa aula virtual.
- Os alumnos que teñen aprobadas estas avaliacións, poderían subir nota para a FINAL co traballo que estamos facendo neste terceiro trimestre.
- Os alumnos que teñen suspensas a 1ª e a 2ª deben recuperalas neste terceiro trimestre.
- Os alumnos coa materia pendente de 3º ESO poderán recuperar a parte pendente (só se examinarían de contidos de 3ª ESO referentes á 1ª e 2ª avaliación).
martes, 5 de mayo de 2020
XOVES 7 MAIO. REPASO DE ORTOGRAFÍA (GRUPOS CONSONÁNTICOS)
Bos días.
Grupos consonánticos CC, CT. Unidade 12, páx. 296.
Grupos consonánticos CC, CT. Unidade 12, páx. 296.
Actividades (solución): 1, 2, 3, 4, 5, páx. 296.
1. Completa con C/CC:
|
ficción
|
situación
|
infección
|
obxección
|
tradución
|
aproximación
|
|
ficticio
|
|
infectar
|
obxector
|
tradutor
|
|
|
Excepción
|
|
|
|
|
|
|
contradición
|
afección
|
occidental
|
ambición
|
dicción
|
interxección
|
|
contraditorio
|
afectar
|
|
|
ditado
|
|
|
|
|
|
|
Excepción
|
|
Observade: En xeral, hai que mirar se reducen CC, CT noutras
palabras da familia léxica. Excepcións: ficción/ficticio; dicción/ditado. Soaría
moi raro *fición, *fiticio…
2. T/CT: conflito, obxecto, vítima, ditado, vitoria, olfacto, contraditorio, exacto, condutor.
3.Completa: Reacción-reactor, corrección-corrector, perfección-perfecto, instrución-instrutor, introdución-introdutor, discreción-discreto, edición-editor, produción-produtor, contrución-construtor, estupefacción-estupefacto, proxección-proxector.
4. Palabra correcta: veredicto, respecto, colección, obxecto, condución, ditado.
5. Escribe...: succión, creación, condución, corrección, substracción, protección, atracción, redución, elección, edición.
Grupos consonánticos BL/BR, CL/CR, FL/FR, PL/PR.
6. L/R: cravar, recruta, crime, branco, enclave, claridade, oclusión, declive, frecha, clima, exclamar, proclamar, clemencia, exemplo, frouxo. Subliño aquelas que son diferentes en galego e castelán.
7. L/R: prazo, escravo, pracer, nobre, cumprir, dobre, praga, frauta.
Con isto rematamos o bloque de "Repaso de Lingua". A semana que vén comezaremos con outro bloque.
Ata logo.
lunes, 4 de mayo de 2020
MARTES 5 MAIO. REPASO DE LINGUA (ADVERBIOS/PREPOSICIÓNS) E DE ORTOGRAFÍA (GRUPOS CONSONÁNTICOS)
Bos días.
Adverbios e preposicións (unidade 11, páx. 272). Corrección das actividades 4 (só hai que identificar, non é necesario clasificar), 5, 6 e 7.
4. Identifica os adverbios: sempre (Cando chega?), alí (Onde chega?), hoxe (Cando subira?), agora (Cando estaba?, alí (Onde permanece?), logo (Cando abre?), abaixo.
- Problema con "camiña polos corredores adiante"? Verbo + SP (CC) + adverbio (CC). Podedes cambiar "adiante" por "rapidamente", outro adverbio. Non é necesario que teña o mesmo significado: se aí "entra" un adverbio (conmutar é cambiar unha palabra por outra da mesma categoría), aí ten qe haber un adverbio.
- Problema con "salta do tren abaixo"? Verbo + SP (CC) + adverbio (CC). Igual que o anterior.
- Cuidado con estas preposicións/locucións preposicionais: diante dun vagón (diante de, Enlace + un vagón, Termo: Substantivo); durante un bo anaco (E + T: substantivo); onda a xanela (E + T: substantivo).
5. Identifica as preposicións. Están subliñadas; observade que en todos os casos forman parte dun SP, con E (preposición) + T (SN: marco en cursiva): Polos (por + os) camiños, de Cangas, do (de+o) vento, nos (en + os) areales, de Cangas, de noite, do (de + o) mar, de Cangas, sobre Cangas, de medo, baixo os tellados de Cangas, de auga,6. Perante (en presenza de) / durante: Durante todo o mes. Perante o público. Durante os próximos. Perante o xuíz durante unha hora.7. Deica / Ata. O uso de deica é máis restrinxido que o de ata. Deica implica desde un punto determinado (aquí/agora) a outro (no espazo ou no tempo): deica/ata mañá (agora/mañá); ata que non poidas; ata as doce (non hai un "agora"); ata eu o sei; deica vérmonos (agora/vérmonos).
Grupos consonánticos CC, CT. Unidade 12, páx. 296.
Atención ás seguintes secuencias: I/U + CC/CT (ICC, UCC, ICT, UCT). Suprímese o C cando vai precedido das vogais i, u: conflito, estrutura, vitoria,
vítima...
Excepcións: adicción,
adicto, convicción, convicto, deíctico, dicción, dúctil, ductilidade, edicto,
ficción, ficticio, fricción, friccionar,
ictericia, invicto, micción, pictórico, succión, succionar, veredicto e
algunhas palabras máis, de linguaxes especializadas, infrecuentes na fala.
Isto non afecta ás vogais A/E/O + CC/CT: Acción, Actor, sEcción, sEctor, cOcción...
Actividades para o xoves 7 de maio: 1, 2, 3, 4, 5, páx. 296 (mirade as excepcións anteriores). Se non, https://academia.gal/dicionario.
Grupos consonánticos BL/BR, CL/CR, FL/FR, PL/PR.
Normalmente mantense a forma con L nas palabras que manteñen a forma culta (similar á latina), e a forma con R nas patrimoniais (aquelas que sufriron a evolución e o desgaste desde o latín ao galego). P.e. cravar vén do latín CLAVARE: sufriu a evolución; oclusión mantén o grupo latino CL (vén de OCCLUSIO). Poño enlace ao dicionario da RAE, porque no da RAG non figura o étimo.
Actividades para o xoves 7 de maio: 6, 7, páx. 296.
Con isto rematamos o bloque de "Repaso de Lingua". O xoves corrixiremos as actividades da páx. 296 e o luns comezaremos con outro bloque.
Ata logo.
domingo, 3 de mayo de 2020
LUNS 4 MAIO. REPASO DE LINGUA: PERÍFRASES VERBAIS, ADVERBIOS E PREPOSICIÓNS.
Bos días.
Perífrases verbais. Corrección das actividades da unid. 10, páx. 249, nesta ubicación.
Adverbios e preposicións (unidade 11, páx. 272). Tedes que facer as actividades 4 (só hai que identificar, non é necesario clasificar), 5, 6 e 7. Mirade as indicacións que achego a continuación.
Como recoñecemos un adverbio/locución adverbial?
Porque modifica ou complementa a un verbo, a un adxectivo, a un adverbio ou a unha oración completa:
Como recoñecemos unha preposición/locución preposicional?
Porque forma parte dun sintagma preposicional, no que hai:
Diferenza perante / ante. Perante significa "en presenza de". Ante non ten este matiz.
Diferenza deica / ata. O uso de deica é máis restrinxido que o de ata. Indica "de aquí –tempo
ou lugar- ata..." (expresa o límite no espazo ou no tempo a partir dun punto de orixe dado):
Marcho e non volvo deica luns. Sería incorrecto: *Comeu deica rebentar.
Perífrases verbais. Corrección das actividades da unid. 10, páx. 249, nesta ubicación.
Adverbios e preposicións (unidade 11, páx. 272). Tedes que facer as actividades 4 (só hai que identificar, non é necesario clasificar), 5, 6 e 7. Mirade as indicacións que achego a continuación.
Como recoñecemos un adverbio/locución adverbial?
Porque modifica ou complementa a un verbo, a un adxectivo, a un adverbio ou a unha oración completa:
- A un verbo: Chegou tarde.
- A un adxectivo: É moi interesante.
- A outro adverbio: Queda moi lonxe.
- A unha oración enteira: Sinceramente, non hai ningunha posibilidade.
Como recoñecemos unha preposición/locución preposicional?
Porque forma parte dun sintagma preposicional, no que hai:
- Un enlace (a preposición / locución preposicional) e
- Un termo (un sintagma nominal ou similares: substantivo, infinitivo, or. subordinada substantiva).
Noutras palabras, unha preposición vai antes dun sintagma nominal, dun substantivo, dun infinitivo ou dunha or. subordinada substantiva.
Diferenza perante / ante. Perante significa "en presenza de". Ante non ten este matiz.
Diferenza deica / ata. O uso de deica é máis restrinxido que o de ata. Indica "de aquí –tempo
ou lugar- ata..." (expresa o límite no espazo ou no tempo a partir dun punto de orixe dado):
Marcho e non volvo deica luns. Sería incorrecto: *Comeu deica rebentar.
![]() |
| Entra na imaxe para agrandala. |
Se tedes dúbidas, preguntádeme. Ás 12.30, videoconferencia.
miércoles, 29 de abril de 2020
XOVES 30A. REPASO DE LINGUA: PERÍFRASES VERBAIS
Bos días.
As perífrases verbais. Entrade neste enlace, onde explico as perífrases verbais sobre este documento base, que tamén tedes na aula virtual (sección "Repaso de Lingua").
Unha vez visto o titorial, facede as actividades 1 e 2 da páx. 249.
Se tedes dúbidas, consultádeme.
Ata a semana que vén.
As perífrases verbais. Entrade neste enlace, onde explico as perífrases verbais sobre este documento base, que tamén tedes na aula virtual (sección "Repaso de Lingua").
Unha vez visto o titorial, facede as actividades 1 e 2 da páx. 249.
Se tedes dúbidas, consultádeme.
Ata a semana que vén.
lunes, 27 de abril de 2020
MARTES 28A. REPASO DE LINGUA: INFINITIVO CONXUGADO
Bos días.
Infinitivo conxugado: Corrección das actividades 1, 2, 3, 4 da páx. 221 neste enlace.
Os que non teñen claro o uso do infinitivo conxugado, deben entrar neste titorial ou preguntarme de novo.
Voluntario, para aqueles que queiran practicar máis: Deixo máis actividades sobre o infinitivo conxugado (con solución) neste enlace: Facede só o exercicio 0, adicado a esta cuestión.
Voluntario, para aqueles que queiran practicar máis: Deixo máis actividades sobre o infinitivo conxugado (con solución) neste enlace: Facede só o exercicio 0, adicado a esta cuestión.
Deixamos para o xoves as perífrases verbais.
Ata logo.
domingo, 26 de abril de 2020
LUNS 27A. REPASO DE LINGUA: O INFINITIVO CONXUGADO
Bos días.
Tamén podedes ver a explicación neste TITORIAL, feito sobre o documento que tedes na aula virtual.
Seguramente despois non teredes problemas, e poderedes facer os exercicios 1, 2, 3, 4 da páx. 221 do libro de texto. Pero, para poder facelos, tedes que saber que infinitivos poden ser o segundo verbo dunha perífrase verbal. Para sabelo, deixo aquí un enlace co listado das perífrases verbais.
O próximo día colgarei a corrección destes exercicios e continuaremos coas perífrases verbais.
Ata logo.
Hoxe, na hora de clase, ás 12.30, na nova sala de videoconferencia, explicarei o infinitivo conxugado (vid. entrada anterior).
Tamén podedes ver a explicación neste TITORIAL, feito sobre o documento que tedes na aula virtual.
Seguramente despois non teredes problemas, e poderedes facer os exercicios 1, 2, 3, 4 da páx. 221 do libro de texto. Pero, para poder facelos, tedes que saber que infinitivos poden ser o segundo verbo dunha perífrase verbal. Para sabelo, deixo aquí un enlace co listado das perífrases verbais.
O próximo día colgarei a corrección destes exercicios e continuaremos coas perífrases verbais.
Ata logo.
miércoles, 22 de abril de 2020
XOVES 23A. REPASO DE LINGUA: O INFINITIVO CONXUGADO.
Bos días.
Nos próximos días adicarémonos a "Repaso de Lingua":
Tema 9: Uso do infinitivo conxugado.
Nos próximos días adicarémonos a "Repaso de Lingua":
Tema
|
Páxina
|
Actividades
|
|
9
|
Uso do infinitivo conxugado.
|
221
|
1, 2, 3, 4
|
10
|
As perífrases verbais.
|
249
|
1, 2
|
11
|
Adverbios e preposicións.
|
272
|
1, 3, 4, 5, 6, 7
|
12
|
Grupos consonánticos
|
296
|
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7
|
Completaremos este repaso de Lingua con:
- Repaso de Ortografía.
- Erros frecuentes.
- Conectores.
Tema 9: Uso do infinitivo conxugado.
Podedes saber cando se usa o infinitivo conxugado neste enlace á aula virtual. Acompaña o documento co audio explicativo que tes nesta ubicación. No documento e no audio explícase que o infinitivo conxugado non pode usarse cando:
- É o 2º verbo dunha perífrase verbal.
- Vai despois dun verbo modal, causativo ou de sentido.
- O suxeito do verbo principal = O suxeito do infinitivo. Con dúas excepcións, que teñen que ver coa orde e coa distancia entre os verbos.
Despois de revisar ese documento, facede as actividades 1, 2, 3 e 4 da páx. 221.
Ata logo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
