Hoxe, na hora de clase, ás 12.30, na nova sala de videoconferencia, explicarei o infinitivo conxugado (vid. entrada anterior).
Tamén podedes ver a explicación neste TITORIAL, feito sobre o documento que tedes na aula virtual.
Seguramente despois non teredes problemas, e poderedes facer os exercicios 1, 2, 3, 4 da páx. 221 do libro de texto. Pero, para poder facelos, tedes que saber que infinitivos poden ser o segundo verbo dunha perífrase verbal. Para sabelo, deixo aquí un enlace co listado das perífrases verbais.
O próximo día colgarei a corrección destes exercicios e continuaremos coas perífrases verbais.
Ata logo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario