domingo, 19 de abril de 2020

LUNS 20A: SOCIOLINGÜÍSTICA e LITERATURA

Bos días.


Sociolingüística. Tedes nesta ficha unha serie de cuestións sobre Sociolingüística (temas 9-12). Dependendo de como fagades o cuestionario, pode levarvos máis ou menos tempo. Polo tanto, podedes facer parte hoxe e continuar o próximo día de clase (martes 21). Para os que esteades traballando co ordenador, tedes a mesma ficha en formato editable na aula virtual (sección Sociolingüística)

Se tedes dúbidas ao responder o cuestionario, mandade unha mensaxe por WhatsApp.

Recordo unha vez máis a necesidade de organizar o material.

Literatura. Colgo un audio de Literatura (temas 10, 11, 12) neste enlace. Fun lendo os puntos (indicados na entrada anterior) que debedes tratar para redactar os temas. Como dixen, cadaquén debe redactar, o mellor posible, coas súas palabras. Non hai que memorizar.

Hoxe temos videoconferencia á hora de clase (12.30). Entrade por este enlace, coma o outro día. Nesta conexión:
  1. Trataremos dúbidas sobre a materia.
  2. Intentarei explicarvos como están as cousas -a día de hoxe- para avaliar o 3º trimestre, despois da publicación das Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente).
Mañá martes, faredes a segunda parte do cuestionario de hoxe. O xoves comezaremos con "Repaso de lingua": Uso do infinitivo conxugado (tema 9).  E, xa que estamos redactando, igual non viña mal repasar ortografía. Pero todo isto, o xoves.

Ata logo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario