lunes, 13 de abril de 2020

MARTES, 14A: LITERATURA

Bos días.


Imos comezar a 3ª avaliación coa parte que menos vos gusta da materia: Literatura. Intentaremos resumir ao máximo.

Tema 8: Poesía de posguerra I.
Tema 9: Poesía de posguerra II.
Tema 10: Narrativa actual.
Tema 11: Poesía e teatro actuais.
Tema 12: Literatura dixital.

Hai que saber só as cuestións que indico nos guións. Cando fagamos o exame tedes que redactalo (podedes partir dos guións e usar conectores):

Tema 8: Poesía de posguerra I. PP. 201-203.

A poesía de posguerra.

  • 1950: Editorial Galaxia.
  • Tres xeracións poéticas sucesivas que publican ao tempo: Xeración do 36, Promoción de Enlace, Xeración das Festas Minervais.


1. Xeración do 36. 

Nacidos entre 1910 e 1920. Entre eles, Celso Emilio Ferreiro:
  • A guerra, motivo reiterado nos seus versos.
  • Longa noite de pedra: poemario que reflicte a súa experiencia como preso.
  • Obra. Liñas temáticas:
a) Poesía social. Explicalo.b) Poesía intimista. Explicalo.
  • Lingua coloquial, discurso directo e claro.
  • Presenza de símbolos:
a) Positivos. Explicalo.b) Negativos. Explicalo.c) Poesía satírica. Explicalo. Non é necesario saber as obras.


2. Promoción de Enlace.

Nacidos nos anos 20. Entre eles, Luz Pozo.

  • Naceu en 1922: ten actualmente 98 anos e segue perfectamente.
  • Temática: intimista e social.
  • Presenza da pintura e a música nos seus versos.
  • Obras: Escollede unha do cadro azul, páxina 203.

Lecturas: Recomendo que leades os dous poemas de Celso Emilio Ferreiro que aparecen na páx. 205.


Tema 9: Poesía de posguerra II. Teatro de posguerra. PP. 226-229.

3. Xeración das Festas Minervais. (Continúa o tema 8)

Nacidos entre 1920 e 1930.
Renovación da poesía galega.
Participación nas Festas Minervais.

Entre os autores:

Uxío Novoneyra. 

  • Poesía paisaxística: Explicalo.
  • Importancia dos efectos fónicos: aliteración, fonosimbolismo.
  • Títulos: Entre eles, Os eidos.


Méndez Ferrín.

  • Dúas liñas poéticas esenciais: poesía lírica (explicalo) e reivindicativa (explicalo).
  • Obras: Entre elas, Con pólvora e magnolias.

Os outros autores (Manuel María, Avilés de Taramancos, Xohana Torres, Bernardino Graña) podedes citalos: non hai que sabelos.

Lecturas: Recomendo os textos 1 e 2 da páx. 230.

O teatro dos anos de posguerra.

O teatro en Galicia / no exilio. Explicalo.
Anos setenta: Mostra de Teatro de Ribadavia.
Autores: Blanco Amor, Luís Seoane, Cunqueiro e Fole. Nestes anos comezan a súa produción novos autores, ligados á Mostra de Teatro de Ribadavia.


Actividades: Non vou poñer "deberes". Procede que:
  • Subliñedes o máis importante (segundo o exposto nestes guións) dos temas 8 e 9 ou que 
  • Elaboredes os vosos propios apuntamentos.

Ata o xoves. Ese día deixaremos visto os temas 10 (Narrativa actual, páx. 256) e 11 (Poesía e teatro actuais, pp. 278-279).

No hay comentarios:

Publicar un comentario