Bos días.
Continuamos con Literatura:
Tema 10: A narrativa actual, páx. 256.
Tema 11: A poesía e o teatro actuais, pp. 278-279.
Tema 12: Literatura dixital, páx. 202.
Hai que saber só as cuestións que indico nos guións. Cando fagamos o exame tedes que redactalo (podedes partir dos guións e usar conectores):
Tema 10: A narrativa actual. Páx. 256.
Panorama cultural.
Desde 1975, novo marco político: aumento da produción literaria en lingua galega. Circunstancias que o posibilitan:
- Novas editoriais.
- Incremento de títulos publicados.
- Novos xéneros e traducións de clásicos universais.
- Premios literarios.
- Internet.
Autores.
- Varios nomes.
Citade 3.
- Temas variados:
novela histórica, aventuras, terror, etc.
Lectura: Recomendo ler o fragmento de O lapis do carpinteiro, de Manolo Rivas (pp. 260-261). Tedes neste enlace o argumento da novela.
A película O lapis do carpinteiro está baseada nesta
novela. Mira o tráiler neste enlace, un fragmento
nestoutro enlace e, se podes, a película completa
baseada neste libro.
Tema 11: Poesía e teatro actuais. PP. 278-279.
A poesía actual
- Convivencia, na actualidade, de varias xeracións
de poetas: os da Xeración das Festas Minervais coas novas xeracións.
- 1976: Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín marca un cambio de rumbo na poesía galega.
Rompe coa temática social que predominou na poesía de posguerra e
introduce novos temas e formas expresivas.
- Xorden grupos poéticos (Rompente, Cravo Fondo).
- Edítanse revistas poéticas.
- Convócanse premios literarios.
- Publícanse antoloxías de poesía.
Autores:
Anos 80: citade 2 nomes. Trazos comúns:
- Intimismo. Explicalo.
- Culturalismo. Explicalo.
Anos 90: citade 2 nomes. Trazos comúns:
- Linguaxe directa e coloquial.
- Poesía próxima á vida cotiá.
O teatro actual.
- Profesionalización
da actividade teatral coa creación do Centro Dramático Galego.
- Autores:
citade 2.
- Novas
compañías a partir dos oitenta: citade 2.
Lecturas: recomendo o texto 6, páx. 281 e o texto 8, páx. 282.
Tema 12: Literatura dixital. Páx. 302.
Lede o exposto nas páx. 302 e 303. Non é necesario estudalo.
E con isto, rematamos a parte teórica da Literatura.
Ata a semana que vén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario