Bos días.
As perífrases verbais. Entrade neste enlace, onde explico as perífrases verbais sobre este documento base, que tamén tedes na aula virtual (sección "Repaso de Lingua").
Unha vez visto o titorial, facede as actividades 1 e 2 da páx. 249.
Se tedes dúbidas, consultádeme.
Ata a semana que vén.
miércoles, 29 de abril de 2020
lunes, 27 de abril de 2020
MARTES 28A. REPASO DE LINGUA: INFINITIVO CONXUGADO
Bos días.
Infinitivo conxugado: Corrección das actividades 1, 2, 3, 4 da páx. 221 neste enlace.
Os que non teñen claro o uso do infinitivo conxugado, deben entrar neste titorial ou preguntarme de novo.
Voluntario, para aqueles que queiran practicar máis: Deixo máis actividades sobre o infinitivo conxugado (con solución) neste enlace: Facede só o exercicio 0, adicado a esta cuestión.
Voluntario, para aqueles que queiran practicar máis: Deixo máis actividades sobre o infinitivo conxugado (con solución) neste enlace: Facede só o exercicio 0, adicado a esta cuestión.
Deixamos para o xoves as perífrases verbais.
Ata logo.
domingo, 26 de abril de 2020
LUNS 27A. REPASO DE LINGUA: O INFINITIVO CONXUGADO
Bos días.
Tamén podedes ver a explicación neste TITORIAL, feito sobre o documento que tedes na aula virtual.
Seguramente despois non teredes problemas, e poderedes facer os exercicios 1, 2, 3, 4 da páx. 221 do libro de texto. Pero, para poder facelos, tedes que saber que infinitivos poden ser o segundo verbo dunha perífrase verbal. Para sabelo, deixo aquí un enlace co listado das perífrases verbais.
O próximo día colgarei a corrección destes exercicios e continuaremos coas perífrases verbais.
Ata logo.
Hoxe, na hora de clase, ás 12.30, na nova sala de videoconferencia, explicarei o infinitivo conxugado (vid. entrada anterior).
Tamén podedes ver a explicación neste TITORIAL, feito sobre o documento que tedes na aula virtual.
Seguramente despois non teredes problemas, e poderedes facer os exercicios 1, 2, 3, 4 da páx. 221 do libro de texto. Pero, para poder facelos, tedes que saber que infinitivos poden ser o segundo verbo dunha perífrase verbal. Para sabelo, deixo aquí un enlace co listado das perífrases verbais.
O próximo día colgarei a corrección destes exercicios e continuaremos coas perífrases verbais.
Ata logo.
miércoles, 22 de abril de 2020
XOVES 23A. REPASO DE LINGUA: O INFINITIVO CONXUGADO.
Bos días.
Nos próximos días adicarémonos a "Repaso de Lingua":
Tema 9: Uso do infinitivo conxugado.
Nos próximos días adicarémonos a "Repaso de Lingua":
Tema
|
Páxina
|
Actividades
|
|
9
|
Uso do infinitivo conxugado.
|
221
|
1, 2, 3, 4
|
10
|
As perífrases verbais.
|
249
|
1, 2
|
11
|
Adverbios e preposicións.
|
272
|
1, 3, 4, 5, 6, 7
|
12
|
Grupos consonánticos
|
296
|
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7
|
Completaremos este repaso de Lingua con:
- Repaso de Ortografía.
- Erros frecuentes.
- Conectores.
Tema 9: Uso do infinitivo conxugado.
Podedes saber cando se usa o infinitivo conxugado neste enlace á aula virtual. Acompaña o documento co audio explicativo que tes nesta ubicación. No documento e no audio explícase que o infinitivo conxugado non pode usarse cando:
- É o 2º verbo dunha perífrase verbal.
- Vai despois dun verbo modal, causativo ou de sentido.
- O suxeito do verbo principal = O suxeito do infinitivo. Con dúas excepcións, que teñen que ver coa orde e coa distancia entre os verbos.
Despois de revisar ese documento, facede as actividades 1, 2, 3 e 4 da páx. 221.
Ata logo.
lunes, 20 de abril de 2020
MARTES 21A: SOCIOLINGÜÍSTICA e LITERATURA
Bos días.
Continuade o traballo marcado na entrada anterior.
Ata o xoves.
domingo, 19 de abril de 2020
LUNS 20A: SOCIOLINGÜÍSTICA e LITERATURA
Bos días.
Sociolingüística. Tedes nesta ficha unha serie de cuestións sobre Sociolingüística (temas 9-12). Dependendo de como fagades o cuestionario, pode levarvos máis ou menos tempo. Polo tanto, podedes facer parte hoxe e continuar o próximo día de clase (martes 21). Para os que esteades traballando co ordenador, tedes a mesma ficha en formato editable na aula virtual (sección Sociolingüística).
Se tedes dúbidas ao responder o cuestionario, mandade unha mensaxe por WhatsApp.
Se tedes dúbidas ao responder o cuestionario, mandade unha mensaxe por WhatsApp.
Recordo unha vez máis a necesidade de organizar o material.
Literatura. Colgo un audio de Literatura (temas 10, 11, 12) neste enlace. Fun lendo os puntos (indicados na entrada anterior) que debedes tratar para redactar os temas. Como dixen, cadaquén debe redactar, o mellor posible, coas súas palabras. Non hai que memorizar.

Hoxe temos videoconferencia á hora de clase (12.30). Entrade por este enlace, coma o outro día. Nesta conexión:
- Trataremos dúbidas sobre a materia.
- Intentarei explicarvos como están as cousas -a día de hoxe- para avaliar o 3º trimestre, despois da publicación das Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente).
Mañá martes, faredes a segunda parte do cuestionario de hoxe. O xoves comezaremos con "Repaso de lingua": Uso do infinitivo conxugado (tema 9). E, xa que estamos redactando, igual non viña mal repasar ortografía. Pero todo isto, o xoves.
Ata logo.
Ata logo.
miércoles, 15 de abril de 2020
XOVES 16A: LITERATURA
Bos días.
Continuamos con Literatura:
Tema 10: A narrativa actual, páx. 256.
Tema 11: A poesía e o teatro actuais, pp. 278-279.
Tema 12: Literatura dixital, páx. 202.
Hai que saber só as cuestións que indico nos guións. Cando fagamos o exame tedes que redactalo (podedes partir dos guións e usar conectores):
Tema 10: A narrativa actual. Páx. 256.
Panorama cultural.
Desde 1975, novo marco político: aumento da produción literaria en lingua galega. Circunstancias que o posibilitan:
- Novas editoriais.
- Incremento de títulos publicados.
- Novos xéneros e traducións de clásicos universais.
- Premios literarios.
- Internet.
Autores.
- Varios nomes.
Citade 3.
- Temas variados:
novela histórica, aventuras, terror, etc.
Lectura: Recomendo ler o fragmento de O lapis do carpinteiro, de Manolo Rivas (pp. 260-261). Tedes neste enlace o argumento da novela.
A película O lapis do carpinteiro está baseada nesta
novela. Mira o tráiler neste enlace, un fragmento
nestoutro enlace e, se podes, a película completa
baseada neste libro.
Tema 11: Poesía e teatro actuais. PP. 278-279.
A poesía actual
- Convivencia, na actualidade, de varias xeracións
de poetas: os da Xeración das Festas Minervais coas novas xeracións.
- 1976: Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín marca un cambio de rumbo na poesía galega.
Rompe coa temática social que predominou na poesía de posguerra e
introduce novos temas e formas expresivas.
- Xorden grupos poéticos (Rompente, Cravo Fondo).
- Edítanse revistas poéticas.
- Convócanse premios literarios.
- Publícanse antoloxías de poesía.
Autores:
Anos 80: citade 2 nomes. Trazos comúns:
- Intimismo. Explicalo.
- Culturalismo. Explicalo.
Anos 90: citade 2 nomes. Trazos comúns:
- Linguaxe directa e coloquial.
- Poesía próxima á vida cotiá.
O teatro actual.
- Profesionalización
da actividade teatral coa creación do Centro Dramático Galego.
- Autores:
citade 2.
- Novas
compañías a partir dos oitenta: citade 2.
Lecturas: recomendo o texto 6, páx. 281 e o texto 8, páx. 282.
Tema 12: Literatura dixital. Páx. 302.
Lede o exposto nas páx. 302 e 303. Non é necesario estudalo.
E con isto, rematamos a parte teórica da Literatura.
Ata a semana que vén.
lunes, 13 de abril de 2020
MARTES, 14A: LITERATURA
Bos días.
Tema 8: Poesía de posguerra I.
Tema 9: Poesía de posguerra II.
Tema 10: Narrativa actual.
Tema 11: Poesía e teatro actuais.
Tema 12: Literatura dixital.
Hai que saber só as cuestións que indico nos guións. Cando fagamos o exame tedes que redactalo (podedes partir dos guións e usar conectores):
Tema 8: Poesía de posguerra I. PP. 201-203.
A poesía de posguerra.
1. Xeración do 36.
Nacidos entre 1910 e 1920. Entre eles, Celso Emilio Ferreiro:
2. Promoción de Enlace.
Nacidos nos anos 20. Entre eles, Luz Pozo.
Lecturas: Recomendo que leades os dous poemas de Celso Emilio Ferreiro que aparecen na páx. 205.
Tema 9: Poesía de posguerra II. Teatro de posguerra. PP. 226-229.
3. Xeración das Festas Minervais. (Continúa o tema 8)
Nacidos entre 1920 e 1930.
Renovación da poesía galega.
Participación nas Festas Minervais.
Entre os autores:
Uxío Novoneyra.
Méndez Ferrín.
Os outros autores (Manuel María, Avilés de Taramancos, Xohana Torres, Bernardino Graña) podedes citalos: non hai que sabelos.
Lecturas: Recomendo os textos 1 e 2 da páx. 230.
O teatro dos anos de posguerra.
O teatro en Galicia / no exilio. Explicalo.
Anos setenta: Mostra de Teatro de Ribadavia.
Autores: Blanco Amor, Luís Seoane, Cunqueiro e Fole. Nestes anos comezan a súa produción novos autores, ligados á Mostra de Teatro de Ribadavia.
Imos comezar a 3ª avaliación coa parte que menos vos gusta da materia: Literatura. Intentaremos resumir ao máximo.
Tema 8: Poesía de posguerra I.
Tema 9: Poesía de posguerra II.
Tema 10: Narrativa actual.
Tema 11: Poesía e teatro actuais.
Tema 12: Literatura dixital.
Hai que saber só as cuestións que indico nos guións. Cando fagamos o exame tedes que redactalo (podedes partir dos guións e usar conectores):
Tema 8: Poesía de posguerra I. PP. 201-203.
A poesía de posguerra.
- 1950: Editorial Galaxia.
- Tres xeracións poéticas sucesivas que publican ao tempo: Xeración do 36, Promoción de Enlace, Xeración das Festas Minervais.
1. Xeración do 36.
Nacidos entre 1910 e 1920. Entre eles, Celso Emilio Ferreiro:
- A guerra, motivo reiterado nos seus versos.
- Longa noite de pedra: poemario que reflicte a súa experiencia como preso.
- Obra. Liñas temáticas:
a) Poesía social. Explicalo.b) Poesía intimista. Explicalo.
- Lingua coloquial, discurso directo e claro.
- Presenza de símbolos:
a) Positivos. Explicalo.b) Negativos. Explicalo.c) Poesía satírica. Explicalo. Non é necesario saber as obras.
2. Promoción de Enlace.
Nacidos nos anos 20. Entre eles, Luz Pozo.
- Naceu en 1922: ten actualmente 98 anos e segue perfectamente.
- Temática: intimista e social.
- Presenza da pintura e a música nos seus versos.
- Obras: Escollede unha do cadro azul, páxina 203.
Lecturas: Recomendo que leades os dous poemas de Celso Emilio Ferreiro que aparecen na páx. 205.
Tema 9: Poesía de posguerra II. Teatro de posguerra. PP. 226-229.
3. Xeración das Festas Minervais. (Continúa o tema 8)
Nacidos entre 1920 e 1930.
Renovación da poesía galega.
Participación nas Festas Minervais.
Entre os autores:
Uxío Novoneyra.
- Poesía paisaxística: Explicalo.
- Importancia dos efectos fónicos: aliteración, fonosimbolismo.
- Títulos: Entre eles, Os eidos.
Méndez Ferrín.
- Dúas liñas poéticas esenciais: poesía lírica (explicalo) e reivindicativa (explicalo).
- Obras: Entre elas, Con pólvora e magnolias.
Os outros autores (Manuel María, Avilés de Taramancos, Xohana Torres, Bernardino Graña) podedes citalos: non hai que sabelos.
Lecturas: Recomendo os textos 1 e 2 da páx. 230.
O teatro dos anos de posguerra.
O teatro en Galicia / no exilio. Explicalo.
Anos setenta: Mostra de Teatro de Ribadavia.
Autores: Blanco Amor, Luís Seoane, Cunqueiro e Fole. Nestes anos comezan a súa produción novos autores, ligados á Mostra de Teatro de Ribadavia.
Actividades: Non vou poñer "deberes". Procede que:
- Subliñedes o máis importante (segundo o exposto nestes guións) dos temas 8 e 9 ou que
- Elaboredes os vosos propios apuntamentos.
Ata o xoves. Ese día deixaremos visto os temas 10 (Narrativa actual, páx. 256) e 11 (Poesía e teatro actuais, pp. 278-279).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)