martes, 31 de marzo de 2020

XOVES 2A: REPASO LINGUA, TERMINACIÓNS E VERBO

Bos días.

1. Corrección de actividades "Terminacións" páx. 194: ide a este enlace.


2. Repaso do verbo: 
  • Verbos regulares (páx. 8 do apéndice do libro): cantar, coller, partir. Podedes estudalos (cando sexa o exame) polo libro ou por estes enlaces da RAG: cantar, coller, partir. Non estudedes o futuro de subxuntivo. 
  • Verbos con alternancia na vogal da raíz (pp. 9-10 apéndice): modelo beber, comer, advertir, servir, durmir. Só hai que saber o presente de indicativo destes verbos.



Terminoloxía do libro

Terminoloxía da RAG


Indicativo
Presente
Presente
canto
Copretérito
Pretérito imperfecto
cantaba
Pretérito
Pretérito perfecto
cantei
Antepretérito
Pretérito pluscuamp.
cantara
Futuro
Futuro
cantarei
Pospretérito
Condicional
cantaría
Subxuntivo
Presente
Presente
cante
Pretérito
Pretérito imperfecto
cantase
Imperativo
canta
Infinitivo conxugado
Cantar, cantares…
Infinitivo
cantar
Xerundio
cantando
Participio
cantado

Eu prefiro usar a terminoloxía da RAG.


3. Libro de lectura:

  • Como sabedes, decidín poñer 1 único libro de lectura "obrigatorio" para a 2ª e 3ª .
  • Os que queiran ler dous, poden facelo: é voluntario; no caso de examinarvos (oralmente) de dous libros, poría a nota máis alta.

Como conseguir os libros?

Se non tedes o libro na casa, podedes acceder a libros en bibliotecas virtuais:
  • GaliciaLe. Só tes que rexistrarte (sen necesidade de ir a ningunha biblioteca) e coas claves que recibirás, accederás ao catálogo virtual. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.
  • Bivir (asociación de tradutores galegos). Ide na pestana superior a "Bivir", logo a "Catálogo de Obras" e podedes seleccionar por tradutor (non interesa), ou por título, autor (é o que interesa). Non todas as obras son adaptadas á vosa idade; se escolledes algunha, preguntádeme antes se é adecuada.

Ata despois de Semana Santa. Aproveitade para organizar o material e non esquezades pasalo o mellor que poidades.






lunes, 30 de marzo de 2020

MARTES 31M: REPASO LINGUA, H, TERMINACIÓNS

Bos días. 

Hoxe continuaremos co repaso de Lingua:
  • Unidade 6, páx. 141. Uso de h. 
  • Unidade 8, páx. 194. Algunhas terminacións. 
  • Da unidade 6, teredes que saber para o exame como se escriben (con/sen h) as palabras que aparecen na páx. 141 do libro. Non é necesario facer actividades. Pero, se queredes facelas, tedes neste enlace o exercicio 9 (insisto: é voluntario). Hai unha razón para que ás veces unhas palabras se escriban con b en galego e con v e castelán e viceversa. O mesmo ocorre co uso ou non uso de h. Aquí tedes un enlace a un documento no que podedes ver como se escriben en galego e castelán algunhas palabras deste tipo; na páxina 3 do mesmo documento veredes como se escriben noutras linguas: mirade esta páx. 3 e seguro que levades unha sorpresa. Ou... Por que credes que en galego se escribe Henrique, Helena? Como se escriben en inglés? Pois si: Henry, Helen. E o teléfono móbil en galego, móvil en castelán? Pois en inglés mobile, con b. Non hai que saber as palabras deste documento.
  • Da unidade 8, para o exame, tedes que saber as palabras que aparecen no libro con terminacións en -nte, -mento, -za/-cia, -zo/-cio, -zón/-ción que están na páx. 194, tanto as da teoría como as das actividades. Polo tanto, tedes que facer as actividades 1, 2, 3, 4, 5 e 6 da páx. 194. 
  • O xoves 2 de abril corrixiremos as actividades da páx. 194 (recordade: esas palabras das actividades entran no exame) e comezaremos co repaso do verbo. Adiántovolo hoxe por se queredes ir mirando algo do verbo. O xoves veremos os verbos regulares (páx. 8 do apéndice do libro) e os verbos con alternancia (pp. 9-10). Recordade:

Terminoloxía do libro
Terminoloxía da RAG
Indicativo
Presente
Presente
Copretérito
Pretérito imperfecto
Pretérito
Pretérito perfecto
Antepretérito
Pretérito pluscuamp.
Futuro
Futuro
Pospretérito
Condicional
Subxuntivo
Presente
Presente
Pretérito
Pretérito imperfecto
Imperativo


Infinitivo conxugado
Infinitivo
Xerundio
Participio

Eu prefiro usar a terminoloxía da RAG.

Ata o xoves.

jueves, 26 de marzo de 2020

LUNS, 30M: REPASO LINGUA, PP

Bos días.

Ánimo, que esta é a última semana antes das vacacións de Semana Santa. E en Semana Santa non vou mandar tarefas obrigatorias, obviamente. 


Hoxe tedes que rematar os exercicios do pronome persoal que están na entrada anterior. Mañá seguiremos co repaso de Lingua (unidade 6 e 8: uso de h, algunhas terminacións). Logo continuaremos co repaso do verbo (tema 7) e pasaremos a outro bloque da materia


Ata mañá.

miércoles, 25 de marzo de 2020

XOVES, 26M: REPASO LINGUA, PP

Bos días.

Corrección dos exercicios da páx. 119: Entra neste enlace ou na aula virtual de 4º A para poder corrixir os exercicios.

Outras actividades:

Como xa respondestes ás cuestións deste documento, non vos será difícil facer as seguintes actividades no voso caderno. Pero, antes, escoitade a Pepe, que vos fai un repaso rápido:

http://tinyurl.com/wn8za6t


Pronome persoal tónico e átono. Localización nun texto e función sintáctica.

Contracións dos pronomes átonos. Atención a lle/lles + o, a, os, as.

Pronominalización.

Uso de te/che.
Se che sae mal, tes estas actividades de reforzo para practicar: TE-CHE


Colocación do pronome átono.
Se che sae mal, tes estas actividades de reforzo para practicar: Colocación dos pronomes átonos.


Mañá non temos clase. Penso que vos dá tempo a ter rematado o pronome persoal o martes. Todos os exercicios propostos teñen a solución no propio enlace. Facédeos primeiro no caderno, e logo comprobade se as respostas son correctas. De non selo, corrixide. Se hai algunha cuestión que non saia ben, seguide practicando. Pero recordade: suponse que isto é "repaso" e se sabe de anos anteriores. Xa o sei: o pronome persoal non é fácil.

Se tedes dúbidas, escribídeas como comentario nesta entrada.

Ata o luns.

lunes, 23 de marzo de 2020

MARTES, 24M: REPASO LINGUA, PP

Actividades Pronome Persoal.

Para hoxe, actividades 1, 2, 3 e 4 da páxina 119 do libro. Facédeas no caderno.

Na próxima sesión, corriximos e marcamos máis actividades.

Ata o xoves.

domingo, 22 de marzo de 2020

LUNS, 23M: REPASO LINGUA, PP

Entrade na imaxe para escoitar a Pepe. Ten algo que dicirvos.

Bos días. Dúas cuestións:


1ª cuestión. Para hoxe, Pronome persoal: Teoría. 
  
Comezamos hoxe de forma teórica, repasando conceptos de anos anteriores sobre o pronome persoal. 

Entrade na aula virtual  ou neste documento. Nel aparecen:
  1. As cuestións que hai que dominar para un futuro exame. 
  2. Unha serie de cuestións (pp. 1 a 3) que debedes responder. 
  3. As solucións a estas cuestións (pp. 4 a 6). 
Na aula virtual tedes o documento en PDF e nun formato que se pode editar, para quen non poida imprimir e decida contestar no ordenador.

Intentade responder as cuestións sen mirar as solucións. Non consiste en cortar e pegar. Así non aprenderiades nada.

Mañá marcarei actividades sobre o pronome persoal.


2ª cuestión. Antes de perdernos, imos organizarnos co resto da materia.

Pincha sobre a imaxe para ampliala.

Este é o material que aparece nas distintas unidades do libro de texto. Da 2ª avaliación vimos Literatura e Sociolingüística. Quédanos por ver:

  • Texto (prescritivo, argumentativo / xéneros de opinión, publicidade).
  • Repaso de Lingua: Pronome persoal. Uso de h. Verbo. Terminacións.
  • Lingua: Sintaxe.
  • Texto: Currículo, blog, instancia, folleto…
  • Vocabulario: verémolo todo xunto, ao final coas “relacións semánticas” (tema 11).

Ata logo.

lunes, 16 de marzo de 2020

MARTES, 17M: SOCIOLINGÜÍSTICA


OS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS (páx. 199)

Tedes que saber:
  • Concepto.
  • Galicia desde o séc. XVI. Situación do galego e do castelán.
  • Na actualidade.
  • Prexuízos que subsisten: utilidade / rural / imposición / marca ideolóxica / dialecto / artificial / non apto para a ciencia. Explicación de cada un deles.

Actividades.
  1. Neste artigo sobre os prexuízos lingüísticos aparece, no punto 4 unha ”Clasificación dos prexuízos a respecto do galego”. En concreto, diferencia 6 tipos de prexuízos. Resume brevemente en que consiste cada un deses 6 prexuízos.
  2. No mesmo artigo, no punto 2, explica “Os prexuízos lingüísticos no mundo”. Fai no teu caderno un cadro (ou un esquema) con estes tipos de prexuízos.:



Tipo
Breve explicación
Prexuízos inocentes
a)

b)

c)

Prexuízos culturais
a)

b)

c)

Prexuízos xeopolíticos
a)

b)

c)


Con isto, rematamos Lingua e Sociedade da 2ª avaliación, e tamén as clases desta semana (mércores non hai clase, xoves é festivo e venres, ponte).

Ide marcando unha data para examinarvos desta parte (Lingua e Sociedade).

Ata a próxima semana.

LUNS, 16M: SOCIOLINGÜÍSTICA

Bos días.

Continuamos con Lingua e Sociedade. Vimos "A Lingua galega na posguerra" (tema 5), "A lingua galega a partir de 1975" (tema 6). Queda por ver "A lusofonía" (tema 7) e "Os prexuízos lingüísticos" (tema 8).

Hoxe veremos a LUSOFONÍA (pp.170-171, tema 7). Hai que saber:

6.1. O Galego e o portugués.

  • Orixe do galego e do portugués.
  • O nacemento do galego-portugués no séc. IX. Territorio. Idade Media.
  • Linguas romances faladas na Península na Idade Media (no mapa, páx. 170).
  • Séc. XII: Independencia de Portugal. Galicia na coroa de Castela. Separación: dous idiomas.
  • Galicia: pertence a Castela. Expansión de Portugal. Consecuencias para a lingua galega e a lingua portuguesa.


6.2. A lusofonía.

  • Concepto.
  • Repercusión da facilidade de comprensión entre o galego e o portugués:
    • Comunicación. Facilidade de comunicación dos galegos con aproximadamente 200 millóns de cidadáns que falan portugués.
    • Economía. Facilidade de acceso ao mercado laboral dos países lusófonos.

Actividade: Le este texto da Wikipedia:
"O reintegracionismo é unha postura lingüística que defende que o galego é unha variedade da lingua portuguesa ou no ámbito científico, galego-portuguesa. Polo tanto, as diferentes falas galegas serían, como as portuguesas, parte do mesmo diasistema lingüístico e, como consecuencia da procura da converxencia entre o galego e o portugués, propón a adopción dunha grafía baseada na norma portuguesa. (...)
O sector lusista defende a adopción directa do padrón portugués".

Ricardo Carvalho Calero (autor ao que se adican as Letras Galegas 2020) defendía o reintegracionismo. As normas actuais non seguen esta postura; foron elaboradas pola RAG e polo ILG (Instituto da Lingua Galega), como vimos na páx. 144, último parágrafo.
Preguntas:
  1. Cal cres ti que é a postura correcta, a oficial ou a que avoga polo reintegracionismo? Razoa a resposta.
  2. Como deben publicarse os poemas de Carvalho Calero, no galego estándar (oficial) ou tal como este autor os escribía (reintegracionista/lusista)? Razoa a resposta.

Para mañá, os PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS. Indicarei a forma de preguntar as posibles dúbidas.

viernes, 13 de marzo de 2020

BENVIDOS

A partir do próximo luns 16 este será o noso caderno de traballo. Irei marcando materia e actividades cada día.
Ata o luns.