1. Corrección de actividades "Terminacións" páx. 194: ide a este enlace.
2. Repaso do verbo:
- Verbos regulares (páx. 8 do apéndice do libro): cantar, coller, partir. Podedes estudalos (cando sexa o exame) polo libro ou por estes enlaces da RAG: cantar, coller, partir. Non estudedes o futuro de subxuntivo.
- Verbos con alternancia na vogal da raíz (pp. 9-10 apéndice): modelo beber, comer, advertir, servir, durmir. Só hai que saber o presente de indicativo destes verbos.
- Verbos irregulares: tedes neste documento unha ficha para completar (pp. 1-2) e as solucións (pp. 3-4). Esta actividade é opcional. Podedes facela cando poñamos o exame de "Repaso de Lingua".
Terminoloxía
do libro
|
Terminoloxía
da RAG
|
||
Indicativo
|
Presente
|
Presente
|
canto
|
Copretérito
|
Pretérito
imperfecto
|
cantaba
|
|
Pretérito
|
Pretérito
perfecto
|
cantei
|
|
Antepretérito
|
Pretérito
pluscuamp.
|
cantara
|
|
Futuro
|
Futuro
|
cantarei
|
|
Pospretérito
|
Condicional
|
cantaría
|
|
Subxuntivo
|
Presente
|
Presente
|
cante
|
Pretérito
|
Pretérito
imperfecto
|
cantase
|
|
Imperativo
|
canta
|
||
Infinitivo
conxugado
|
Cantar,
cantares…
|
||
Infinitivo
|
cantar
|
||
Xerundio
|
cantando
|
||
Participio
|
cantado
|
- Como sabedes, decidín poñer 1 único libro de lectura "obrigatorio" para a 2ª e 3ª .
- Os que queiran ler dous, poden facelo: é voluntario; no caso de examinarvos (oralmente) de dous libros, poría a nota máis alta.
Como conseguir os libros?
Se non tedes o libro na casa, podedes acceder a libros en bibliotecas virtuais:
- GaliciaLe. Só tes que rexistrarte (sen necesidade de ir a ningunha biblioteca) e coas claves que recibirás, accederás ao catálogo virtual. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.
- Bivir (asociación de tradutores galegos). Ide na pestana superior a "Bivir", logo a "Catálogo de Obras" e podedes seleccionar por tradutor (non interesa), ou por título, autor (é o que interesa). Non todas as obras son adaptadas á vosa idade; se escolledes algunha, preguntádeme antes se é adecuada.
Ata despois de Semana Santa. Aproveitade para organizar o material e non esquezades pasalo o mellor que poidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario