lunes, 16 de marzo de 2020

LUNS, 16M: SOCIOLINGÜÍSTICA

Bos días.

Continuamos con Lingua e Sociedade. Vimos "A Lingua galega na posguerra" (tema 5), "A lingua galega a partir de 1975" (tema 6). Queda por ver "A lusofonía" (tema 7) e "Os prexuízos lingüísticos" (tema 8).

Hoxe veremos a LUSOFONÍA (pp.170-171, tema 7). Hai que saber:

6.1. O Galego e o portugués.

  • Orixe do galego e do portugués.
  • O nacemento do galego-portugués no séc. IX. Territorio. Idade Media.
  • Linguas romances faladas na Península na Idade Media (no mapa, páx. 170).
  • Séc. XII: Independencia de Portugal. Galicia na coroa de Castela. Separación: dous idiomas.
  • Galicia: pertence a Castela. Expansión de Portugal. Consecuencias para a lingua galega e a lingua portuguesa.


6.2. A lusofonía.

  • Concepto.
  • Repercusión da facilidade de comprensión entre o galego e o portugués:
    • Comunicación. Facilidade de comunicación dos galegos con aproximadamente 200 millóns de cidadáns que falan portugués.
    • Economía. Facilidade de acceso ao mercado laboral dos países lusófonos.

Actividade: Le este texto da Wikipedia:
"O reintegracionismo é unha postura lingüística que defende que o galego é unha variedade da lingua portuguesa ou no ámbito científico, galego-portuguesa. Polo tanto, as diferentes falas galegas serían, como as portuguesas, parte do mesmo diasistema lingüístico e, como consecuencia da procura da converxencia entre o galego e o portugués, propón a adopción dunha grafía baseada na norma portuguesa. (...)
O sector lusista defende a adopción directa do padrón portugués".

Ricardo Carvalho Calero (autor ao que se adican as Letras Galegas 2020) defendía o reintegracionismo. As normas actuais non seguen esta postura; foron elaboradas pola RAG e polo ILG (Instituto da Lingua Galega), como vimos na páx. 144, último parágrafo.
Preguntas:
  1. Cal cres ti que é a postura correcta, a oficial ou a que avoga polo reintegracionismo? Razoa a resposta.
  2. Como deben publicarse os poemas de Carvalho Calero, no galego estándar (oficial) ou tal como este autor os escribía (reintegracionista/lusista)? Razoa a resposta.

Para mañá, os PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS. Indicarei a forma de preguntar as posibles dúbidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario