lunes, 30 de marzo de 2020

MARTES 31M: REPASO LINGUA, H, TERMINACIÓNS

Bos días. 

Hoxe continuaremos co repaso de Lingua:
  • Unidade 6, páx. 141. Uso de h. 
  • Unidade 8, páx. 194. Algunhas terminacións. 
  • Da unidade 6, teredes que saber para o exame como se escriben (con/sen h) as palabras que aparecen na páx. 141 do libro. Non é necesario facer actividades. Pero, se queredes facelas, tedes neste enlace o exercicio 9 (insisto: é voluntario). Hai unha razón para que ás veces unhas palabras se escriban con b en galego e con v e castelán e viceversa. O mesmo ocorre co uso ou non uso de h. Aquí tedes un enlace a un documento no que podedes ver como se escriben en galego e castelán algunhas palabras deste tipo; na páxina 3 do mesmo documento veredes como se escriben noutras linguas: mirade esta páx. 3 e seguro que levades unha sorpresa. Ou... Por que credes que en galego se escribe Henrique, Helena? Como se escriben en inglés? Pois si: Henry, Helen. E o teléfono móbil en galego, móvil en castelán? Pois en inglés mobile, con b. Non hai que saber as palabras deste documento.
  • Da unidade 8, para o exame, tedes que saber as palabras que aparecen no libro con terminacións en -nte, -mento, -za/-cia, -zo/-cio, -zón/-ción que están na páx. 194, tanto as da teoría como as das actividades. Polo tanto, tedes que facer as actividades 1, 2, 3, 4, 5 e 6 da páx. 194. 
  • O xoves 2 de abril corrixiremos as actividades da páx. 194 (recordade: esas palabras das actividades entran no exame) e comezaremos co repaso do verbo. Adiántovolo hoxe por se queredes ir mirando algo do verbo. O xoves veremos os verbos regulares (páx. 8 do apéndice do libro) e os verbos con alternancia (pp. 9-10). Recordade:

Terminoloxía do libro
Terminoloxía da RAG
Indicativo
Presente
Presente
Copretérito
Pretérito imperfecto
Pretérito
Pretérito perfecto
Antepretérito
Pretérito pluscuamp.
Futuro
Futuro
Pospretérito
Condicional
Subxuntivo
Presente
Presente
Pretérito
Pretérito imperfecto
Imperativo


Infinitivo conxugado
Infinitivo
Xerundio
Participio

Eu prefiro usar a terminoloxía da RAG.

Ata o xoves.

No hay comentarios:

Publicar un comentario