domingo, 22 de marzo de 2020

LUNS, 23M: REPASO LINGUA, PP

Entrade na imaxe para escoitar a Pepe. Ten algo que dicirvos.

Bos días. Dúas cuestións:


1ª cuestión. Para hoxe, Pronome persoal: Teoría. 
  
Comezamos hoxe de forma teórica, repasando conceptos de anos anteriores sobre o pronome persoal. 

Entrade na aula virtual  ou neste documento. Nel aparecen:
  1. As cuestións que hai que dominar para un futuro exame. 
  2. Unha serie de cuestións (pp. 1 a 3) que debedes responder. 
  3. As solucións a estas cuestións (pp. 4 a 6). 
Na aula virtual tedes o documento en PDF e nun formato que se pode editar, para quen non poida imprimir e decida contestar no ordenador.

Intentade responder as cuestións sen mirar as solucións. Non consiste en cortar e pegar. Así non aprenderiades nada.

Mañá marcarei actividades sobre o pronome persoal.


2ª cuestión. Antes de perdernos, imos organizarnos co resto da materia.

Pincha sobre a imaxe para ampliala.

Este é o material que aparece nas distintas unidades do libro de texto. Da 2ª avaliación vimos Literatura e Sociolingüística. Quédanos por ver:

  • Texto (prescritivo, argumentativo / xéneros de opinión, publicidade).
  • Repaso de Lingua: Pronome persoal. Uso de h. Verbo. Terminacións.
  • Lingua: Sintaxe.
  • Texto: Currículo, blog, instancia, folleto…
  • Vocabulario: verémolo todo xunto, ao final coas “relacións semánticas” (tema 11).

Ata logo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario