miércoles, 25 de marzo de 2020

XOVES, 26M: REPASO LINGUA, PP

Bos días.

Corrección dos exercicios da páx. 119: Entra neste enlace ou na aula virtual de 4º A para poder corrixir os exercicios.

Outras actividades:

Como xa respondestes ás cuestións deste documento, non vos será difícil facer as seguintes actividades no voso caderno. Pero, antes, escoitade a Pepe, que vos fai un repaso rápido:

http://tinyurl.com/wn8za6t


Pronome persoal tónico e átono. Localización nun texto e función sintáctica.

Contracións dos pronomes átonos. Atención a lle/lles + o, a, os, as.

Pronominalización.

Uso de te/che.
Se che sae mal, tes estas actividades de reforzo para practicar: TE-CHE


Colocación do pronome átono.
Se che sae mal, tes estas actividades de reforzo para practicar: Colocación dos pronomes átonos.


Mañá non temos clase. Penso que vos dá tempo a ter rematado o pronome persoal o martes. Todos os exercicios propostos teñen a solución no propio enlace. Facédeos primeiro no caderno, e logo comprobade se as respostas son correctas. De non selo, corrixide. Se hai algunha cuestión que non saia ben, seguide practicando. Pero recordade: suponse que isto é "repaso" e se sabe de anos anteriores. Xa o sei: o pronome persoal non é fácil.

Se tedes dúbidas, escribídeas como comentario nesta entrada.

Ata o luns.

12 comentarios:

  1. Son moitos exercicios, hai máis asignaturas e tamén queremos tempo de descanso!!!!!!
    :(

    ResponderEliminar
  2. No segundo enlace, que mandas o 3 e o 4, están repetidos no último enlace!

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. E os exercicios son para o martes. Se facedes todos dun tirón, son moitos, claro.

    ResponderEliminar
  5. Ok, pero pensaba que mandabas exercicios adaptados á hora da clase, como o resto dos profesores. E que con tanta cousa de tantas asignaturas vai explotarnos a cabeza!!
    hahahaha

    ResponderEliminar
  6. Xa o sei. E hai queixas. Pero, no meu caso, lede o que poño no blog. Metinos xuntos porque eran un bloque, por se se algún de vós quería adiantar traballo...

    ResponderEliminar