lunes, 16 de marzo de 2020

MARTES, 17M: SOCIOLINGÜÍSTICA


OS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS (páx. 199)

Tedes que saber:
  • Concepto.
  • Galicia desde o séc. XVI. Situación do galego e do castelán.
  • Na actualidade.
  • Prexuízos que subsisten: utilidade / rural / imposición / marca ideolóxica / dialecto / artificial / non apto para a ciencia. Explicación de cada un deles.

Actividades.
  1. Neste artigo sobre os prexuízos lingüísticos aparece, no punto 4 unha ”Clasificación dos prexuízos a respecto do galego”. En concreto, diferencia 6 tipos de prexuízos. Resume brevemente en que consiste cada un deses 6 prexuízos.
  2. No mesmo artigo, no punto 2, explica “Os prexuízos lingüísticos no mundo”. Fai no teu caderno un cadro (ou un esquema) con estes tipos de prexuízos.:



Tipo
Breve explicación
Prexuízos inocentes
a)

b)

c)

Prexuízos culturais
a)

b)

c)

Prexuízos xeopolíticos
a)

b)

c)


Con isto, rematamos Lingua e Sociedade da 2ª avaliación, e tamén as clases desta semana (mércores non hai clase, xoves é festivo e venres, ponte).

Ide marcando unha data para examinarvos desta parte (Lingua e Sociedade).

Ata a próxima semana.

5 comentarios:

  1. Ola Ana, de momento non podemos marcar datas porque aínda non se sabe se hai que alargar máis a cuarentena, polo que non podemos saber cando imos volver ao instituto.

    ResponderEliminar
  2. Xa sei que non podedes marcar datas. Pero eu teño que dicilo para que saibades que temos dous parciais pendentes, para cando se poidan facer: Literatura (temas 5, 6, 7) e Sociolingüística dos temas 5 a 8. As datas... Cando se poida. Pero non deixedes a materia abandonada, que algún día habemos saír da casa.

    ResponderEliminar
  3. Hoxe é bastante tarea (sobre todo o artigo)!!!!!
    Parece que os profesores nos queren matar!!!

    ResponderEliminar
  4. Si, ás veces non dosificamos. Pero eu intento ir día a día...

    ResponderEliminar